
TI TES A CHAVE
Dende o concello de Ponteareas seguimos avanzando en fórmulas para ter un concello sostible e concienzado co medio ambiente ,
“TI TES A CHAVE” trátase dun proxecto piloto de recollida de biorresiduos en colector pechado, é unha modalidade pensada para as familias que non poden ter un composteiro individual na súa casa e non empregan os centros de compostaxe comunitario.
Con esta opción vivas onde vivas terás a opción de compostar.
COMO FUNCIONA
Para unirte deberás cubrir unha ficha de adhesión, é un proxecto voluntario e gratuito e válido para calquera tipo de familia. Dende o concello entregarémoste :
- Unha chave electrónica, en forma de tarxeta.
- Un caldeiro aireado de 10 litros para recoller os biorresiduos
- Un paquete de bolsas compostables
A CHAVE
Os colectores marróns están pechados, polo que para deixar a bolsa de biorresiuos deberás abrilo cunha tarxeta.
Así evitaremos que calquera pesoa poida depositar residuos que non sirvan para compostar. Isto é moi importe, a presenza de material non compostable pode contaminar e deixar o compost inservible.
Para facer compost non vale calquera tipo de residuos, se tes dúbidas sobre o que se pode compostar ou non :

HORARIOS
Podes deixar a bolsa no colector marrón a partir das 19:00 h. (entre o 1 de outubro e o 31 de marzo), e a partir das 21:00 h. entre o 1 de abril e o 30 de setembro). Logo trasladaranse a unha planta de compostaxe onde, mediante un procedemento ecolóxico, serán transformados en compost.
DESCARGAS